Ramón, municipais e anti-sistema

Por: Manoel Santos, Altermundo

Nesta semana que remata deixounos, coa mesma dignidade coa que viviu, Ramón Fernández Durán, fundador de Ecoloxistas en Acción e todo un faro-guía, compás quizais, para quen concordamos en que cómpre superar este sistema capitalista, xerador da maior crise socioambiental da historia da humanidade, ou da historia natural.

Ramón, a través dos seus fabulosos textos, e a través do seu activismo, aprendeunos a debullar as engrenaxes dun modelo de sociedade extremadamente cruel, na que o culto ao financeiro, ao consumo, ao petróleo, ao urbanismo depredador e ao control social, a represión selectiva e a violencia está a construír un mundo invivíbel. Nestes tempos nos que a Unión Europea teima en se converter nun macroguetto de elites opulentas e insolidarias, nada mellor que repasar algúns dos seus libros, como A complexa construción da Europa superpotencia (Virus, 2005), para comprender o que está a acontecer e porque está a acontecer, e xa que logo para escollermos os camiños máis acaídos nesta loita tan xusta como desigual na que moitos e moitas estamos, dun xeito ou doutro, mergullados.

“Aínda sen descartar que Ramón permitise que a nosa vida fose máis fermosa, parece fóra de dúbida que a fixo máis consciente, máis díscola e máis solidaria”, dicía Carlos Taibo nunha das presentacións dos dous últimos libros que nos deixou, A quebra do capitalismo global e O Antropoceno.

Sen dúbida. Asemade, Ramón sempre defendeu ese termo de connotacións tan negativas para a orde dominante, “anti-sistema”, para definir as xentes e movementos sociais que andan a pular por unha mudanza radical do noso xeito de vivir, do noso modelo de (a)sociedade.

A para min inevitábel lembranza anterior, sérveme tamén para facer unha reflexión sobre as implicacións que deberiamos ter os “anti-sistema” -eu inclúome- nas eleccións municipais.

Obvio parece que, entre os diversísimos pensamentos e xeitos de actuar destes, existe a convición máis ou menos consensuada de que os camiños da mudanza pasan polos proxectos autoxestionados, pola organización dende abaixo, pola cooperación autónoma en barrios, aldeas, vilas e cidades, polo ocio creativo e o consumo consciente… e máis pola presión e concienciación social que pola acción política institucional, pois a acción política, os “anti-sistema”, exercémola decote.

Porén, sen renunciar nin un chisco a estes preceptos, acho que, na situación sistémica que por agora temos, cómpre unha certa dose de pragmatismo para tentar ir dando pasos meirandes. Se algo falta para a necesaria viraxe civilizatoria da que falamos é o tempo. Deixar as nosas vilas e cidades en mans da dereita por inacción electoral só significa dar pasos cara a atrás.

Achegármonos ás organizacións políticas que poden ser máis sensíbeis ás nosas loitas, falar con elas e exporlles os nosos ollares podería ser un outro camiño. O que non quita que, despois, as critiquemos e presionemos con todas as ansias que consideremos oportunas.

http://www.altermundo.org/ramon-municipais-e-anti-sistema/

Anuncios

Acerca de laexplosiondeldesorden

Activista en Ecologistas en Acción.
Esta entrada fue publicada en Obituarios, Reseñas de sus libros. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s